Nuevo libro de EDUARDO GARCÍA CARMONA...Dónde y Cómo Pescar en León...

Nuevo libro de EDUARDO GARCÍA CARMONA...Dónde y Cómo Pescar en León...
Adquiéralo por Internet. Pinche en el libro.

jueves, 30 de abril de 2009

Continúa la lucha por la recuperación de "Ponte Mazaira"




A ASOCIACIÓN DE TROITERIOS ”RÍO FURELOS” DENUNCIA UN INCUMPRIMENTO INEXPLICABLE

-----------------------------------------------------
Texto y fotos: Xavier Pazo Blanco
Presidente da Asociación de troiteiros “Río Furelos”
-----------------------------------------------------
Moito empeño leva posto a Asociación de Troiteiros “Río Furelos” para que se reconstruíse a derrubada Ponte Mazaira, e xa van alá dous anos dende que a Consellaría de Medio Rural por boca do Director Xeral de Infraestruturas Agrarias, Xosé Carballido, anunciase aos alcaldes de Toques e Melide e aos voceiros dos grupos políticos a construción dunha nova ponte. Mesmo se deron os detalles do proxecto. Non hai máis que botar man da hemeroteca para ver que todos os medios de comunicación se fixeron eco da súa inminente construción.
Poucos meses despois, en setembro de 2007 a alcaldesa melidense Socorro Cea (BNG), o seu homólogo de Toques, Miguel Buján (PSdG) rubricaban o protocolo coa Delegada Provincial de Medio Rural Olga García, en presencia do ex-conselleiro de Medio Rural Alfredo Suárez Canal, quen se compremeteu a realización de dito proxecto, consellaría que financiaría integramente a construción da ponte.
Todo eran gabanzas para un proxecto que, en palabras do Director Xeral, era de vital importancia para a ordenación do territorio, dada a relevancia das actividades agropecuarias a ambas marxes do río Furelos. Cun orzamento que superaba amplamente os 243.695,83€, facíase pública a súa execución nun período de 12 meses, colocando o pertinente panel coa adxudicación da obra.
En xullo de 2008, sen traza de comezar as obras a Asociación de Troiteiros “Río Furelos” pediu información á alcaldesa de Melide, Socorro Cea, quen atribuía o retraso a unha pequena modificación no proxecto, requirida por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente.
Porén, seguen a pasar os meses e nin o Concello de Toques, nin o de Melide parecen ter preocupación por un proxecto tan publicado e que agora semella esmorecer. Resulta significativo que o cartel que anunciaba a obra foi derrubado polo temporal, e a pesar de ficar intacto, ninguén se preocupou de repoñelo.
Dende a Asociación de Troiteiros consideramos que os Concellos non actuaron coa firmeza e a dilixencia necesarias para que o proxecto se levase a cabo. Agora, con novos interlocutores na Xunta solicitamos: os alcaldes de Melide e Toques que realicen xestións perante o novo goberno para axilizar ou desbloquear un proxecto aprobado dende o 2007. Os veciños de Melide e Toques, e en particular a Asociación de Troiteiros que tanto empeño puxemos nisto, merecemos unha Ponte Mazaira que comunique estes dous Concellos veciños. Por iso, coa data de hoxe vimos de presentar un escrito no Concello de Toques e outro no de Melide, instando a que desde estas corporacións se poñan en marcha as medidas pertinentes.


CARTA ASOCIACIÓN TROITEIROS RÍOS FURELOS ENVIADA A LA ALCALDESA DE MELIDE EN 2007


A Asociación de Troiteiros "Río Furelos", dende fai anos que ven loitando pola recuperación da Ponte Mazaira. Na primavera de 2007 os nosos esforzos semellaban que ían chegar a bo porto, dado que o Director Xeral de' Estructuras e Infraestructuras Agrarias Xosé Carballido anunciáballo aos alcaldes de Toques e Melide e os representantes dos grupos políticos e demáis axentes sociales, a construcción dunha nova ponte que nun período non superior a 12 meses sustituiría a vella.
En setembro de 2007 asínase o protocolo de actuación entre os concellos de Toques e Melide e máis a Delegada Provincial de Medio Rural ( Miguel Buján, Socorro Cea e Oiga García, respectivamente).
A ponte debería estar operativa para Medio Rural no verán de 2008, e así o recolleron os medios de comunicación.
A partir de ahí, a información que se nos da para xustificar a paralización ou falta de inicio do mesmo parécenos totalmente insuficiente. Por todo isto, e tendo en conta que cambiaron os interlocutores da Xunta de Galicia

INSTAMOS a estas Corporacións Locais de Melide e Toques a que poña en práctica todas as xestións necesarias encamiñadas a retomar este proxecto e fanalizalo canto antes. Foi unha promesa que se He fixo pública ós veciños de Melide e Toques.
En caso de dispoñer de nova información, dado que en parte fomos os promotores desta idea, agradeceríamos que se nos comunicase canto antes.

Nota:
Esta mesma solicitude foi presentada no Concello de Toques no día de hoxe.

SRA. ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE MELIDE
- Entidade colaboradora de Medio Ambiente -


PUBLICADO EN La Voz de Galicia eL 1 de Mayo 2009

El arreglo de Ponte Mazaira lleva dos años de retraso y sin expectativas
La Asociación de Troiteiros pide soluciones para el puente que une Melide y Toques, una obra de 243.696 euros

La Asociación de Troiteiros Río Furelos, de Melide, ha roto el silencio público que mantuvieron en el último año por el retraso en el inicio de la construcción del puente que sobre el río Furelos comunica los municipios de Toques y Melide. La cautela del colectivo de pescadores se agotó toda vez que la estructura, conocida como Ponte Mazaira, estaba previsto que entrase en servicio el pasado verano.
La Asociación de Troiteiros denuncia «un incumprimento inexplicable» puesto que la actuación se comprometió formalmente con la firma del convenio que, en septiembre del año 2007, firmó la entonces delegada provincial de la Consellería de Medio Rural, Olga García, con la alcaldesa de Melide, Socorro Cea, y su homólogo de Toques, Miguel Buján, a quienes desde el colectivo recriminan «non ter actuado coa firmeza e a dilixencia necesarias para que o proxecto se levase a cabo».
A la firma del protocolo sucedieron sin interrupciones los trámites administrativos que preceden a toda obra, presupuestada en más de 243.000 euros. «En xullo de 2008, sen traza de comezar as obras, a Asociación de Troiteiros Río Furelos pediu información á alcaldesa de Melide, que atribuía o retraso a unha pequena modificación no proxecto, requirida por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente», relatan desde el colectivo de pescadores, que remitió sendos escritos a los máximos mandatarios municipales de Melide y de Toques recriminando que «a información que se nos da para xustificar a paralización ou falta de inicio da ponte parécenos totalmente insuficiente».
Al margen de ese reproche, desde la Asociación de Troiteiros instan Socorro Cea y a Miguel Buján a realizar ante el nuevo gobierno de la Xunta de Galicia las gestiones necesarias para desbloquear el proyecto y agilizar la construcción del puente. «Foi unha promesa que se lle fixo pública aos veciños de Melide e de Toques», recuerdan desde el colectivo, en el seno del que se consideran agraviados no solo por el justificado servicio que daría el puente al comunicar parroquias que tienen en la actividad agroganadera su principal actividad, sino porque también su construcción ha sido una demanda impulsada por la propia asociación.
La alcaldesa melidense avanzó que aceptará de buen grado la petición de los pescadores puesto que «non renunciamos a que se constrúa a ponte», afirmó. En ese sentido, Socorro Cea aboga por estudiar un proyecto alternativo que resulte más económica que el que, en su día, se reformó para atender a las exigencias de Augas de Galicia, organismo que rechazó la propuesta inicial «ao non permitir situar un dos pilares proxectados no leito do río», apuntó la regidora de Melide. Cea explicó, al hilo, que las modificaciones que, en consecuencia, se realizaron en el primer proyecto «eran de tal dimensión que a construcción da ponte requería un investimento final moi superior ao previsto».