---------------------------------------------------------
mbiente e Infraestruturas da Coruña unha petición de entrevista co Xefe Territorial da citada Consellería para recabar información sobre as causas que están detrás deste inxustificado retraso. Queremos lembrar que esta obra foi anunciada publicamente vai facer agora dous anos, mesmo se fixo público o orzamento destinado a tal infraestrutura e, a día de hoxe, nin sequera está o panel que durante uns meses anunciaba a súa construción. Noutro orde de cousas, a Asociación de Troiteiros “Río Furelos” quere facer pública a próxima celebración das V Xornadas de Limpeza do couto do río Furelos. Terán lugar, como vén sendo habitual, o derradeiro sábado de agosto, día 29, e os dous primeiros sábados de setembro, días 5 e 12. Como en anos anteriores, estas Xornadas están subvencionadas pola Deputación da Coruña. A Asociación “Rio Furelos” tamén conta coa
Os labores de limpeza este ano vanse circunscribir a un traxecto duns 16 quilómetros que é o que abrangue o couto do río Furelos. Para os compoñentes da Asociación e todos os amantes da natureza é unha satisfacción comprobar que os esforzos constantes e reiterados destes últimos anos están a dar os seus froitos: o río discorre cada vez máis limpo. Tendo en conta isto, ademais da retirada do lixo, aproveitaranse estas xornadas para proceder á eliminación das árbores caídas e outros restos de vexetación do río e das súas beiras, agasallos indesexados que nos deixou este inverno o ciclón Klaus.
A Directiva da


No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada