La Asociación de Troiteiros, “Río Furelos”, face un balance deste primeiro día das V Xornadas de limpeza do río Furelos
.
Más de 150 kilos de porquerías de extrajeron desde Portochao hasta Furelos y de Ponte Romana a Ponte Mazaira-Ponte Da Pedra.
Voluntarios de Melide(A Coruña) y Santoña(Cantabria), colaboraron en la limpieza.
------------------------------------------------------------
Texto y fotos: Xavier Pazo-Pte. As. Troiteiros Río Furelos-
------------------------------------------------------------

Este sábado 29 de agosto, 27 voluntarios, todos de Melide, agás un dos participantes que era de Santoña (Cantabria), traballaron arreo para retirar do cauce do río e das súas beiras, máis de 150 quilos de lixo en xornada de mañá e tarde. Os labores comezaron ás 10 da mañá e remataron as 8 da tarde, cunha parada ás 2 para repoñer forzas e intercambiar impresións nun xantar que se celebro

u na praia fluvial do Furelos.
Distribuíronse os traballos entre os participantes: mentres uns retiraban latas, botellas, plásticos e residuos máis sorprendentes como unha roda grande de tractor, unha de coche e mesmo unha bañeira dunha casa, outros volu

ntarios dedicáronse a retirar árbores caídas e outros restos vexetais depositados no cauce do río.
Tendo en conta que na xornada de mañá se limpou o tramo de vedado que vai dende Portochao ata Furelos e dende a Ponte Romana ata a Ponte Mazaira, no que afecta ao tramo acoutado e pola tarde dende a Ponte Mazaira ata a Ponte da Pedra, iso significa que cada vez hai menos residuos. Pero quero apr

oveitar para recordar que aínda nos quedan dous sábados para cumprir estas Xornadas e, contando coa inestimable participación dos voluntarios, ficarán sobradamente conseguidos os obxectivos que nos marcamos para estas V Xornadas. Reitero o agradecemento a todos os voluntarios, empresas e institucións que traballaron e colaboraron neste primeiro día das V Xornadas de limpeza do río Furelos.
O próximo sábado máis.
2 comentarios:
SALUDOS DESDE LA CIUDAD DE VALDIVIA, REGION DE LOS RÍOS, CHILE
PERTENESCO A UNA AGRUPACION LLAMADA
DEFENSORES DEL RÍO, Y TAMBIEN PRETENDEMOS UN RÍO LIMPIO, QUE PUEDAN ANEXAR MAS PERSONAS CADA DIA, PARA QUE NO EXISTAN RÍOS CONVERTIDOS EN CLOACAS
JOEL ARÉVALO
riolimpio.are@gmail.com
Me parece perfecto, Don Joel.
Conozco la zona de Posada de Puelo, Puerto Montt y Puerto Varas, en Chile, donde estuve pescando hace dos años. Tienen ustedes un paraíso que, todavía, pueden preservar del desastre de la contaminación, etc.
En PESCARMONA le ofrezco la oportunidad de ir informando de todo los aconteceres de esa tierra, y ríos, hermanos.
Envíe lo que estime oportuno y se lo publicaré. Eso sí, texto en Wortd y fortos en JPG.
Gracias.
Eduardo
Publicar un comentario en la entrada