Nuevo libro de EDUARDO GARCÍA CARMONA...Dónde y Cómo Pescar en León...

Nuevo libro de EDUARDO GARCÍA CARMONA...Dónde y Cómo Pescar en León...
Adquiéralo por Internet. Pinche en el libro.

lunes, 1 de marzo de 2010

Algunas asociaciones de pescadores gallegas hacen "los deberes"...


VII ASAMBLEA ORDINARIA de la Asociación de Troiteiros “Río Furelos”
Aprobado el calendario de competiciones. El, 10 de Abril se celebrará el V Campeonato, abierto, "Terra de Melide" y el 8 de Mayo, el Máster de Pesca a Mosca

Existe preocupación por los "envenenamientos" del río Furelos y afluentes

---------------------------------------------
Texto y fotos: Xavier Pazo- As. Río Furelos-
----------------------------------------------

Este sábado, 27 de febreiro, tivo lugar ás 16 horas no Salón de Actos do Multiusos de Melide a VII Asemblea ordinaria da Asociación de Troiteiros “Río Furelos”, na que, entre os asistentes e as acreditacións achegadas, estaban representados o 85 % dos asociados.
Despois da lectura e aprobación da Acta da Asemblea anterior, seguindo a orde do día, o presidente puxo en coñecemento dos asistentes o programa de actividades planificadas para a presente campaña que a seguir se detallan, en orde cronolóxica:
- De inmediato, ante a aparición de lixo vertido en distintos tramos das marxes do Furelos, acometerase unha campaña de concienciación mediante a colocación de paneis á beira do río, en lugares estratéxicos de paso, nomeadamente nas pontes.
- Organización do V Campionato de pesca “Terra de Melide” previsto para o día 10 de abril. Cabe destacar que este é o único campionato aberto que se organiza en Galicia; é dicir, pode participar calquera que teña licenza de pesca, aínda que non sexa membro da Asociación esteña federado ou non. Por iso dende a directiva agárdase que teña o mesmo éxito de participación que en anos anteriores.
- Seguindo a tradición de edicións pasadas, tamén está prevista a celebración dun Máster de Pesca a mosca que terá lugar o día 8 de maio.
- A celebración do Pesca Ceibe queda fixada para o día 5 de xuño.
- O Día do Socio celebreráse na praia fluvial de Furelos o 4 de xullo.
- Unha das actividades que organizamos con máis interese dende a fundación da Asociación son as Xornadas de Limpeza. Este ano xa van pola VII edición. É de xustiza recoñecer que a continuidade das mesmas deu os seu froitos, pero non podemos baixar a garda. As últimas denuncias de vertedoiros incontrolados denunciados por membros da Asociación reafirmannos na necesidade de manter esta actividade polo beneficio que supón para o leito do río e para as súas marxes. Como vén sendo habitual as Xornadas de Limpeza teñen unha duración de tres días e prográmanse para o derradeiro sábado de agosto e os dous primeiros de setembro.
- Déixanse para outubro e novembro os cursos de montaxe de culleriña e mosca.
Todas estas actividades serán debidamente publicitadas a través da rede, dos medios de comunicación e por medio de carteis distribuídos por toda a bisbarra.
Noutra orde de cousas, púxose en coñecemento dos asistentes que non varían as condicións para os socios actualmente 351 ou aqueles que queiran inscribirse como tales. Fican exentos de pagamento os maiores de 65 anos, os menores de 18 e os que acreditaren estar en paro. Así mesmo infórmase de que, como nos convenios anteriores, os socios teñen dereito a tres días de pesca gratis durante a tempada.
Capítulo á parte, que mereceu unha explicación máis detallada, foi a información dada aos asistentes sobre a renovación do convenio coa Xefatura Territorial da Consellaría de Medio Ambiente. Ata este ano os convenios tiñan unha duración anual, e asignáballe á Asociación a xestión dun 35 % dos pases de pesca de cada tempada. A renovación anual do convenio supuña un traballo burocrático extra para o secretario e o presidente. O novo convenio asinado estará en vigor durante catro anos e introduce unha variable que pode ser moi beneficiosa en canto que, partindo do 35% de xestión coma ata agora, esta porcentaxe pódese incrementar un 10% en base aos obxectivos acadados pola Asociación. Para a nós este incentivo non deixa de ser un acicate que nos anime a traballar con máis interese, se cabe, no coidado e protección da Natureza.
Despois dun breve intercambio de opinións entre os asistentes, levantouse a sesión con ánimos renovados e as expectativas postas na inminente apertura da próxima campaña de pesca.