
O pasado sábado, día 11, máis de vinte voluntarios, entre os que se encontraba un da Coruña, repartidos en varios grupos dedicaron toda a mañá á retirada de residuos do afluente do Furelos, o río Martagona. Máis de media tonelada de vertidos de todo tipo acumulábase neste pequeno afluente concentrada en determinadas zonas do mesmo. Os restos retirados respondían ao denominador común do que se veu encontrando nos días pasados no Furelos e no Catasol: arames, plásticos, roupa
, envases, latas, ferros, entre os que hai que salientar unha grosa plancha de máis de corenta quilos de peso. Pero o Martagona tamén lles tiña reservada unha sorpresa aos voluntarios: unha cociña de butano de tamaño considerable semienterrada que lle deu moito que facer a catro homes durante máis de dúas horas. Estes traballos como en anos anteriores, e como é preceptivo, estiveron supervisados por membros da gardería da Consellaría de Medio Ambiente.Ás dúas da tarde deuse por concluída a li
A Asociación felicítase, máis unha vez, polo interese mostrado por tantas persoas que non dubidaron en trocar desinteresadamente os días de lecer por días de traballo. Outro motivo para felicitarse é que, durante estes seis anos que cumpriron as
O presidente da Asociación en nome da xunta directiva quere agradecer o apoio prestado por particulares, empresarios e institucións que fixeron posible a realización destas VI Xornadas na esperanza de que a conciencia cidadá, no tocante á conservación do Medio, faga innecesarios ou moi puntuais este tipo de traballos, porque canto menos andemos remexendo no río mellor. Aínda que pareza unha utopía, é algo polo que todos debemos loitar.


1 comentario:
non entiendo nada do esto. Galicia no es españa o que? no entiendo por que no aparecen las noticias en castellano.
Publicar un comentario en la entrada